Dietista en Vigo · Alba Cerezo Nutrición e Saúde
- Graduada pola USC
- Colexiada GA-00330

Nutrición clínica en Vigo e consulta online

Alba Cerezo · Dietista-Nutricionista colexiada en Vigo
Son Alba Cerezo. Dedico a miña actividade profesional á nutrición clínica, especialmente á nutrición dixestiva e oncolóxica.
A miña forma de traballar parte dunha idea básica, pero que ás veces se esquece: antes de dicirche que comer, hai que entender que che pasa.
Por iso, na consulta non traballo con solucións estándar. Recollo a túa historia clínica, os teus hábitos, o teu contexto e o que xa probaches, para crear unha proposta que teña sentido no teu caso.
A base do proceso é a educación nutricional. O obxectivo non é que dependas eternamente dunha dieta, senón que aprendas a tomar decisións con máis autonomía, máis calma e menos ruído.
"A alimentación non debería converterse en fonte de culpa, medo ou frustración"
Alba Cerezo · Dietista-Nutricionista