Servizos de nutrición clínica en Vigo e online
Cando comer ben non se arranxa cun menú descargado de internet
Acompañamento nutricional para patoloxías dixestivas, procesos oncolóxicos, cirurxía bariátrica, cambios hormonais e outras situacións nas que unha dieta xenérica queda curta. En consulta presencial en Vigo ou online.
Especialidades de nutrición clínica
Se a túa alimentación depende do teu diagnóstico, non vale calquera pauta
Hai momentos nos que comer deixa de ser automático. Aparecen síntomas, probas médicas, tratamentos, dúbidas, listas contraditorias e consellos de todo tipo. O traballo en consulta consiste en poñer orde: entender o teu caso, adaptar a alimentación á túa realidade e avanzar cun criterio profesional, non con normas soltas.
Nutrición dixestiva
SIBO, EII, intolerancias e celiaquía
Acompañamento en SIBO, enfermidade inflamatoria intestinal —Crohn e colite ulcerosa—, alerxias, intolerancias alimentarias, infección por Helicobacter pylori e enfermidade celíaca. Cando cada comida parece unha aposta, toca deixar de improvisar.
Nutrición oncolóxica
Antes, durante e despois do tratamento
Valoración e seguimento da composición corporal, adaptación de pautas aos efectos secundarios e acompañamento en momentos nos que comer pode deixar de ser sinxelo: disfaxia, cambios no sabor ou no olor, sequidade bucal ou falta de apetito.
Obesidade e cirurxía bariátrica
Acompañamento en todo o proceso
Preparación e seguimento nutricional antes, durante e despois da intervención bariátrica. Sen enfocalo como estética nin como unha carreira contra o peso, senón como un proceso de saúde que necesita adaptación, orde e continuidade.
Outras patoloxías
Tiroide, diabetes, colesterol e tensión
Hipo e hipertiroidismo, diabetes, dislipemias, colesterol e triglicéridos, e hipertensión arterial. A alimentación debe encaixar co diagnóstico, co tratamento e coa túa vida real. Se non, queda moi bonita no papel e moi pouco útil no día a día.
Etapas da vida
Adolescencia, embarazo, lactación e menopausa
Nutrición adaptada a momentos de cambio físico, hormonal e vital. Porque non comes igual, nin necesitas o mesmo, nun embarazo, na lactación, na adolescencia ou durante a menopausa. E non, unha pauta estándar non serve para todo.
Como funciona a consulta de nutrición
Primeiro poñemos orde. Despois decidimos o seguinte paso
O proceso é claro: primeiro entendo o teu caso, despois marcamos obxectivos realistas e, a partir de aí, facemos seguimento. Presencial en Vigo ou online, segundo o que necesites.
Preconsulta
Cóntame o teu caso e explicareiche como funciona o servizo de nutrición. É un primeiro contacto para resolver dúbidas e saber se ten sentido traballar xuntas.
- Sen compromiso
- Prezos e procedementos
- Primeira orientación sobre o servizo
Máis habitual
Consulta inicial
Recollo a túa información persoal, clínica e dietética para entender que necesitas, que che preocupa e como podemos traballar. Aquí non se empeza pola dieta: empeza pola túa historia.
- Historia clínica e dietética
- Obxectivos iniciais
- Plan de traballo personalizado
Revisións
Entréganse pautas personalizadas, facemos seguimento do proceso e valoramos o progreso para axustar o que sexa necesario. Non é “toma isto e apáñate”.
- Seguimento semanal
- Por correo ou teléfono
- Axuste segundo evolución
Preguntas frecuentes sobre nutrición en Vigo e online
Dúbidas habituais antes de empezar
Canto custa unha consulta de nutrición?
As tarifas dependen do tipo de consulta (preconsulta, inicial ou revisión) e do formato (presencial ou online). Existen bonos para varias sesións e descontos por unidade familiar para que o servizo sexa accesible. Detállocho na preconsulta, sen compromiso.
Cal é a diferenza entre nutricionista e asesor nutricional?
En España, un Dietista-Nutricionista é un profesional sanitario con titulación oficial regulada por un Grao universitario e colexiación profesional. Un "asesor nutricional" non necesita formación regulada.
Como é a primeira consulta?
Primeiro facemos unha preconsulta para que me contes o teu caso e coñezas prezos e procedemento. A consulta inicial dura entre 60 e 90 minutos: recollo a túa historia clínica e dietética e marcamos os obxectivos do proceso. Despois pasamos a revisións de seguimento (semanais ou quincenais segundo o caso) por correo ou teléfono.
Atendes online ou só en consulta?
Ambas as modalidades. A consulta presencial é en Vigo e a online cobre o resto de España. A metodoloxía é a mesma: videochamada, pautas personalizadas por correo e seguimento entre sesións.
Necesito unha derivación médica para acudir?
Non é necesaria. Se vés cunha patoloxía diagnosticada (Crohn, SIBO, cancro, cirurxía bariátrica, intolerancias…), envíame o teu informe médico para adaptar a pauta. Traballo en coordinación co teu médico, psicólogo ou fisioterapeuta cando é útil para o teu caso.
Pedir cita con nutricionista en Vigo
Cóntame o teu caso antes de seguir dando voltas pola túa conta
Se tes síntomas, unha patoloxía, un tratamento ou simplemente queres mellorar a túa relación coa comida, escríbeme. Falamos do teu caso, explícocho con calma e vemos cal pode ser o seguinte paso.